Documentación PECHA

Fase aprobación inicial: Exposición pública Plan Especial Casco Histórico Allariz;

O Concello de Allariz publica nesta páxina a información legal e técnica do PECHA a fin de que as persoas propietarias de vivendas situadas no casco vello e afectadas polo plan podan consultalas medidas de protección que lle afectan a cada edificación.

Vostede recibiu por correo postal ou por comunicación electrónica unha carta indicando as referencias catastrais da súa titularidade que se ven afectadas por este plan.

No apartado: “Índices do Catálogo” que verá máis abaixo está publicado un primeiro documento (32001_PECHA_202412_AI_CAT_01M.pdf) co listado de referencias catastrais.
O segundo documento (32001_PECHA_202412_AI_CAT_03NP.pdf) é unha publicación coas normas aplicables.

Localice no primeiro as súas referencias catastrais e busque na columna “Código de unidade” cal é o documento no que ven publicada a información da súa propiedade.

Posteriormente, no apartado “Catálogo Arquitectónico” deberá buscalo documento co seu Código de unidade. Dentro dese documento atopará a información necesaria.

Se desexa facer algunha alegación deberá empregar este modelo que lle facilitamos e envialo ao Concello de Allariz por medio da súa Sede Electrónica, no modelo denominado “MODELO INSTANCIA ALEGACIÓN PLAN ESPECIAL CASCO HISTÓRICO

Fichas de afectación de vivendas

Catálogo Arquitectónico

Resto de documentación legal

Cartografía