Documentación PECHA

Fase aprobación inicial: Exposición pública Plan Especial Casco Histórico Allariz;

O Concello de Allariz publica nesta páxina a información legal e técnica do PECHA a fin de que as persoas propietarias de vivendas situadas no casco vello e afectadas polo plan podan consultalas medidas de protección que lle afectan a cada edificación.

Vostede recibiu por correo postal ou por comunicación electrónica unha carta indicando as referencias catastrais da súa titularidade que se ven afectadas por este plan.

No apartado: “Índices do Catálogo” que verá máis abaixo está publicado un primeiro documento (32001_PECHA_202412_AI_CAT_01M.pdf) co listado de referencias catastrais.
O segundo documento (32001_PECHA_202412_AI_CAT_03NP.pdf) é unha publicación coas normas aplicables.

Localice no primeiro as súas referencias catastrais e busque na columna “Código de unidade” cal é o documento no que ven publicada a información da súa propiedade.

Posteriormente, no apartado “Catálogo Arquitectónico” deberá buscalo documento co seu Código de unidade. Dentro dese documento atopará a información necesaria.

Se desexa facer algunha alegación deberá empregar este modelo que lle facilitamos e envialo ao Concello de Allariz por medio da súa Sede Electrónica, no modelo denominado “MODELO INSTANCIA ALEGACIÓN PLAN ESPECIAL CASCO HISTÓRICO“

Fichas de afectación de vivendas

Catálogo Arquitectónico ▼

Resto de documentación legal