¿Onde podo consultar máis información?

EXPOSICIÓN AO PÚBLICO DO DOCUMENTO

PLAN ESPECIAL CASCO HISTÓRICO CONCELLO DE ALLARIZ

O Concello de Allariz informa que o Plan Especial de Protección do Casco Histórico (PECHA) está en fase de exposición pública, unha vez aprobado inicialmente polo Pleno do Concello, o 26 de decembro de 2024.

A documentación completa pode consultarse na páxina web oficial: https://pecha.allariz.gal

Este plan recolle as medidas de protección e ordenación aplicables ao conxunto histórico de Allariz, polo que é especialmente relevante para as persoas propietarias de inmobles na zona histórica.

As consultas e alegacións poderán realizarse no período de exposición pública, que é un prazo de DOUS MESES, dende o día seguinte de publicación de anuncion noi Diario Oficial de Galicia (2 xuño de 2025).

Os teléfonos para solicitar cita presencial co equipo redactor son: 988 55 40 06694 20 43 77

Días de visitas presenciais co equipo redactor:

  • Os XOVES, en horario de mañá de 10:00 a 14:00 horas e tarde de 16:00 a 18:00 horas.
  • EXCEPCION: a semana do 9 de xuño que a visita presencial terá lugar: MARTES 10 DE XUÑO.

Nestes días de visitas presencias terán preferencia as citas concertadas previamente.

Lugar: Oficina de Urbanismo

Para presentar alegacións é preciso achegar a seguinte documentación:

Documento de identificación persoal (DNI, NIE ou pasaporte)

  • Documentación da propiedade (referencia catastral, escritura ou nota simple)
  • Escrito de alegación, coas razóns detalladas e, se é posible, propostas alternativas.
  • Calquera documentación, complementaria que axude a xustificar a alegación (planos, informes, fotografías, etc.)